SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL (AMI)

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Alfabetización mediática e informacional polo ben público. 



 É importante entender e beneficiarnos das oportunidades de información e comunicación que nos ofrecen os medios, máis debemos estar cos ollos ben abertos e aprender a identificar, por exemplo, as noticias falsas. 



Aprender a estudiar

Nesta páxina podedes atopar técnicas para aprender a estudiar. Entrade nela e ... ánimo, a traballar!


No cadro podedes ver un esquema que vos pode ser útil:

Aprendendo a usar as imaxes de internet

O compañeiros do CEIP Frian de Teis ofrécennos este titorial para que poidamos saber como usar as imaxes que aopamos en internet:


Como buscar información nos libros

Nos libros atopamos información moi valiosa.
Nesta sinxela presentación podedes ver como se pode buscar.



Modelo 3.3.3

É este un modelo de referencia ideado por Gloria Durban e Anna Blasco (2011) para facilitar a tarefa docente na sistematización do dominio de habilidades de busca, tratamento e comunicación da información.
A aplicación deste tipo de instrumento non ten que representar un elemento externo ao currículum senón que é un esquema ou esqueleto que permite ordenar os obxectivos e contidos permitindo articular a súa sistematización.
Artéllase arredor de tres grandes capacidades, tres habilidades principais dentro de cada unha delas e tres destrezas básicas dentro de cada unha das habilidades.

Presentamos aquí un documento que o explica de xeito resumido (premede na imaxe para velo):

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxiaWJsaW90ZWNhdmFsZXN8Z3g6NzM3MDcwOGNjYjNmNjJjMQ
 
Estas fichas serven de guía para o alumnado no proceso de busca de información (premede nas imaxes para velas):
  

Aprendendo a facer entrevistas

Os compañeiros do CEIP Frian de Teis veñen de publicar este magnífico titorial que nos ensina a facer entrevistas:

http://issuu.com/pirracas/docs/entrevista

Estratexias para buscar en internet

Se premes na imaxe accederás a unhas interesantes recomendacións que che facilitarán a busca de información en internet, que ás veces pode convertirse nun gran lío.

Etapas na elaboración dun traballo documental


Criterios para avaliar fontes de información en internet


Aprender a buscar na rede

Presentación elaborada por Mª Olga Rodríguez Díaz do CEIP Milladoiro de Malpica e Gloria Sánchez-Gabriel do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.




Como facer un traballo documental

Dende o CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) achégannos esta presentación que nos guiará na elaboración de traballos informativos.



Alfabetización informacional

Mª Olga Rodríguez Díaz, do CEIP Milladoiro de Malpica elaborou este amplo documento no que podemos aprender como traballar coa información.